InicioPolíticaO concelleiro de Galicia Sempre en Meira, Enrique Castro, pasa a integrarse...

O concelleiro de Galicia Sempre en Meira, Enrique Castro, pasa a integrarse no PP

Enrique Castro xustificou o paso dado como un acto de "responsabilidade" coa veciñanza e comprometeuse a traballar para "finalizar co desgoberno" que, di, representa o mandato dos socialistas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concelleiro por Galicia Sempre no municipio de Meira, Enrique Castro, acordou a súa integración no grupo municipal do PP, que contará agora con dous edís no concello gobernado en solitario polo Partido Socialista con seis dun total de nove asentos na corporación.

O acordo, do que informou este luns a dirección provincial dos populares lugueses, tamén inclúe a adscipción como afiliado de Enrique Castro, cabeza de lista nas eleccións municipais de 2019 pola candidatura independente ligada ao proxecto político fundado polo exvicepresidente da Deputación de Lugo e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez.

A presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, deu a benvida ao novo membro da organización, un movemento que cualificou como “unha noticia moi positiva” que permite “seguir ensanchando o partido e recuperando persoas que, no seu día, xa formaban parte da familia do PP”.

Pola súa banda, Enrique Castro xustificou o paso dado como un acto de “responsabilidade” coa veciñanza e comprometeuse a traballar para “finalizar co desgoberno” que, di, representa o mandato dos socialistas.

+ posts

ÚLTIMAS

En liberdade o detido por levar un coitelo e a roupa ensanguentada en Lugo

O home detido durante o fin de semana en Lugo tras ser localizado en...

O Gustavo Freire acollerá catro funcións do Circuito Galego de Teatro Afeccionado en setembro

O Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo converterase durante dúas fins de semana de...

Candia quere cambiar a relación que había coas asociacións do Arde Lucus ate agora

O Arde Lucus 2027 xa ten data: a vindeira edición da festa de recreación...

Lugo xa ten os carteis para o San Froilán e o San Froilán Miúdo 2026

O xurado encargado de seleccionar os carteis anunciadores do San Froilán e do San Froilán Miúdo 2026 reuniuse esta mañá...