InicioPolíticaO alcalde de Castroverde competirá con Tomé para "facer un PSOE diferente"

O alcalde de Castroverde competirá con Tomé para “facer un PSOE diferente”

Presenta os avais e lembra que Tomé pertence a mesma executiva actual que "demostrou estar errada".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Castroverde, José María Arias, presentou este luns os avais necesarios para competir no proceso interno para liderar o PSOE provincial de Lugo, no que se enfrontará ao presidente da Deputación, José Tomé.

O rexedor precisou que presentou o máximo permitido para concorrer a este proceso de primarias, ao rexistrar uns 304 pese facerse cuns 400 avais.

O alcalde de Castroverde, que forma parte do goberno provincial que preside Tomei, confesou que concorre a estas primarias “moi ilusionado”. “Non teño nada que perder”, sostivo.

Así, avanza que vai defender “un partido diferente ao que se está facendo” ao considerar que “xa se demostrou o fracaso de hai dous anos”, en referencia á elección como secretaria provincial de Patricia Otero. Respecto diso, sostivo que “o candidato Tomé defende o mesmo” tendo en conta que “xa era presidente desa executiva errada“. “E agora é máis do mesmo só que cambian as formas”, apuntou.

O alcalde de Castroverde quere “darlle forza á militancia da provincia“, para seguidamente deixar claro que está “disposto a acatar o resultado” das primarias. Ademais, incide en que non é partidario de “levar o partido desde unha institución” como neste caso pode ser a Deputación de Lugo. “Así o partido vai a desparecer por completo. O partido ten que ter voz propia“, reivindicou.

TOMÉ

En fronte terá ao presidente da Deputación, José Tomé, que presentou os seus avais na sede do partido en Santiago de Compostela, “máis de 620” que comprenden “todas as comarcas” da provincia de Lugo.

Tomei precisaba o domingo que se presenta para “trasladar ao conxunto do partido” a súa “experiencia política, que xa empeza a ser dilatada tanto no ámbito orgánico como no institucional”. Este proceso concluirá o 30 de xaneiro co congreso provincial, tras unha campaña que arrincará o día 15, unha vez que queden proclamadas oficialmente as candidaturas á secretaria provincial en Lugo do PSdeG-PSOE.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...