InicioComarca de MeiraRibeira de PiquínO alcalde de Ribeira de Piquín, confinado por covid-19, esixe un médico...

O alcalde de Ribeira de Piquín, confinado por covid-19, esixe un médico para o PAC da localidade

Asegura que ao saír co confinamento entregará "centos de sinaturas" ao Sergas para restablecer o servizo sanitario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández, reclamou un médico para a PAC da localidade e denunciou os vaivéns na asistencia facultativa do seu municipio “desde fai seis meses”. O rexedor, que se atopa confinado tras dar positivo por covid-19 o luns, anunciou que cando saiga do confinamento entregará centos de firmas á Consellería de Sanidade para esixir que se repoña ao médico na PAC da localidade.

“Non podemos permitir que o centro estea sen facultativo. Non sabemos cando temos médico, non sabemos cando imos si podemos ser atendidos ou non”, protestou o rexedor socialista. Roberto Fernández, que criticou que a área hospitalaria de Lugo non dese resposta a este problema que el mesmo trasladou persoalmente, esixiu ao Sergas que “se cubra a atención médica” e criticou que, por ser un municipio pequeno, non poidan ter “os mesmos servizos”.

Agora, conforme sinalou, os veciños de Ribeira de Piquín teñen que desprazarse ao centro de Meira “que está a doce quilómetros do Chao do Posadouro”. “Pero hai veciños de parroquias que teñen que facer ata corenta quilómetros” ata este municipio limítrofe.

En canto ao seu positivo por Covid, Roberto Fernández, describiu que ten uns síntomas “parecidos aos dunha gripe”, polo que se atopa confinado no seu domicilio “apartado” el só, dado que a súa familia non se contaxiou. Fernández lembrou “a importancia de ser prudente, da necesidade de usar máscara”. “Eu vacineime e aínda que os síntomas son menores que sen estar vacinado, pero igualmente existe o risco de contaxio”, advertiu. “Se non estivese vacinado igual os síntomas serían maiores”, destacou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...