InicioPolíticaLugo recorrerá o fallo sobre o servizo de recollida de lixo ante...

Lugo recorrerá o fallo sobre o servizo de recollida de lixo ante o TSXG

O Concello de Lugo recorrerá ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o fallo do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL) sobre o procedemento do contrato de limpeza viaria e recollida de lixo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo recorrerá ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o fallo do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL) sobre o procedemento do contrato de limpeza viaria e recollida de lixo.

O goberno local que encabeza a rexedora Lara Méndez considera que o organismo dependente da Xunta “excedeu as súas competencias” ao avaliar aspectos urbanísticos do prego de licitación “que obrigarían a admitir a unha do seis empresas que foron descartadas durante o proceso”.

Para a administración local, trátase de cuestións que “non gardan relación” cos asuntos dos que se debe encargar o Tribunal de Contratación e que, ademais, contradín o criterio dos técnicos municipais encargados da xestión urbanística

Así o subliñou o tenente de alcaldesa e portavoz do Goberno local, Miguel Fernández, nun comunicado no que lamenta que as “frecuentes” suspensións do contrato, paralizado en tres ocasiones no que vai de ano, están a atrasar a posta en marcha dun servizo “esencial”.

O goberno local defende que actuou “con celeridade” á hora de atender os requirimentos e entregar a documentación requirida polo Tribunal de Contratación “acreditando sempre a solvencia dos pregos dunha maneira impecable tanto desde o punto de vista técnico como xurídico”.

“Atrasar a súa entrada en vigor é porlle freo ao progreso e supón un grave prexuízo para Lugo, ao noso entender, de xeito evidente inxustificable que está a impedir que a veciñanza dispoña dun servizo de calidade, adecuado ademais ás esixencias sanitarias actuais“, ha concluído Miguel Fernández.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...