InicioPolíticaGonzalo Caballero e José Tomé acusan de discrecionalidade á Xunta no reparto...

Gonzalo Caballero e José Tomé acusan de discrecionalidade á Xunta no reparto dos fondos europeos

Gonzalo Caballero declarou en Lugo que "nestes momentos a Xunta de Galicia ten 234 millóns de euros e pasan os días sen que a Xunta poña ese diñeiro en mans das pequenas e medianas empresas e dos autónomos, que é para o que os recibiu".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cargaron contra a Xunta de Galicia, á que acusan de repartir fondos públicos con “criterios discrecionais”.

Nun encontro no Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, con todos os deputados provinciais socialistas, Tomé avanzou que trasladaría a Caballero unha serie de reivindicacións provinciais.

Ante “o ecuador” do mandato e a dous anos das eleccións municipais previstas para 2023, o presidente provincial apelou a converter o Parlamento autonómico no “altofalante da provincia de Lugo” a través do Grupo Socialista que encabeza Caballero.

O tamén alcalde de Monforte enxalzou o “modelo” de residencias que, segundo sostén, foi impulsado desde a administración provincial e que “está claro que dá resultados” pois “está preto da cidadanía”, polo que convidou á Xunta de Galicia a seguir estes pasos.

“Ofrecémonos a colaborar coa Xunta nese sentido. A Xunta debería cumprir coa lei e iso significa cumprir co Estatuto e coa lei de servizos sociais de Galicia, porque tanto nun caso como noutro a responsabilidade é da Xunta e debería cofinanciar estas residencias da deputación”, subliñou.

O mandatario provincial tamén reclamou ao Goberno galego “un plan industrial” para a provincial de Lugo que aposte desde a “diversidade” polos sectores “que son importantes na provincia, como é o sector primario”.

Ademais, José Tomé afirmou que a Xunta de Galicia é, xunto coa Deputación de Ourense, “as únicas administracións que reparten os fondos con criterios discrecionais”. “Vai sendo hora que a Xunta reparta os fondos con criterios obxectivos e faga un plan único para repartir os fondos entre os galegos, como temos as deputacións galegas onde goberna o PSOE”, remarcou.

GONZALO CABALLLERO

Pola súa banda, Gonzalo Caballero contrapuxo a un goberno provincial “que estivo a carón da xente” a unha Xunta “que deixou orfa á cidadanía galega”.

“Nestes momentos a Xunta de Galicia ten 234 millóns de euros que lle transferiu o goberno de España, e pasan os días sen que a Xunta sexa capaz de pór ese diñeiro en mans das pequenas e medianas empresas e dos autónomos, que é para o que os recibiu”, incidiu Caballero.

ÚLTIMAS

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...

Lugo Monumental leva á UE a peonalización do centro: “Mala xestión, danos e máis de 100 comerciantes feridos”

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, expuxo, ante a Comisión de Peticións da...