InicioPolíticaA Deputación de Lugo pediralle á Xunta que financie os seus centros...

A Deputación de Lugo pediralle á Xunta que financie os seus centros de maiores e os inclúa na súa rede de residencias

O goberno provincial, conformado por PSOE e BNG, levará a pleno unha proposta que reclama "modificar o modelo macrorresidencial" de Galicia. O PP de Lugo lembra que a Xunta "colabora" coas residencias da Deputación coas libranzas vinculadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno ordinario da Deputación de Lugo que se celebrará o vindeiro martes aprobará, previsiblemente, unha iniciativa do goberno –conformado por PSOE e BNG– para “reclamar á Xunta que asuma o financiamento dos centros de atención a maiores da institución provincial” e que os inclúa na rede pública autonómica de residencias.

Esta proposta, remitida aos medios polo Partido Socialista de Lugo, versa sobre “abrir un proceso de negociación” coa Administración galega para que asuma a xestión económica e loxística dos centros de atención provinciais, así como para “modificar o actual modelo macrorresidencial” co obxectivo de “fortalecer e consolidar unha rede galega de residencias públicas”.

O goberno da Deputación de Lugo lembra que “leva anos suplindo a inacción” do Executivo autonómico e “facendo un esforzo para achegar servizos sociais públicos, universais e de calidade aos veciños e veciñas da provincia”. Fan énfase en que a institución “dedica a políticas sociais aproximadamente un terzo do seu orzamento“, é dicir, uns 30 millóns de euros.

A proposta, levada a pleno por PSOE e BNG, afirma que “a pegada da pandemia do coronavirus nas residencias galegas amosou o fracaso do modelo de xestión privada impulsado pola Xunta“. Un modelo que, para o goberno de José Tomé, “está baseado na rendibilidade económica e non na calidade da atención”. “Segundo a Asociación Estatal de Directivos e Xerentes de Servizos Sociais, Galicia conta cun déficit de 14.902 prazas residenciais”, advirte.

DESENVOLVEMENTO RURAL

Socialistas e nacionalistas defenden o modelo residencial da Deputación lucense como “un factor de fixación da poboación e desenvolvemento para o rural“, xa que ademais de contar cun cociente que case asegura un coidador por persoa, xeran “máis 300 empregos directos e indirectos na contorna”.

Aínda así, recollen declaracións pasadas da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para visibilizar que “a administración local non pode asumir eternamente, sen financiamento adicional, as competencias que o Estatuto de Autonomía atribúe ao Goberno autonómico”.

PP

Pola súa banda, o  PP de Lugo lembrou que a Xunta “colabora” coas residencias de maiores da Deputación Provincial coas libranzas vinculadas e chamou a “deixar de politizar” con este colectivo, conformado por “as persoas ás que mais débeselle”.

Ante a moción de PSdeG e BNG, o PP mostrou a súa sorpresa xa que, segundo manifestou, o PSOE “critica” desde “hai anos” o modelo residencial da Xunta e”di que o da Deputación é mellor”.

Ademais, o PP de Lugo defendeu que a colaboración esixida a través da iniciativa reflíctese no feito de que o Goberno galego “colabora coas residencias de maiores da Deputación coas libranzas vinculadas”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...