InicioLugo e contornaLugoO PP denuncia que a Deputación destina 18.000 a regalos institucionais

O PP denuncia que a Deputación destina 18.000 a regalos institucionais

O portavoz do PP denuncia tamén que non "saben nada" dos sete millóns do plan Impulsa

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido popular de Lugo considera que o  goberno da Deputación, presidido polo socialista José Tomé, está “empeñado” en usar os cartos deste organismo “máis para a súa promoción política que para impulsar a economía da provincia”. As medidas que está aplicando teñen, segundo ven, aspectos positivos pero son “moi escasas en canto a dotación orzamentaria e non inclúen as moi necesarias axudas directas ao tecido produtivo”.

Así o afirmou o portavoz popular Javier Castiñeira, que puxo como exemplo desta realidade o programa “Coñece a Túa Provincia”, dotado con 106.000 euros, dos que
18.000 euros son, literalmente, para regalos institucionais. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, sinala: “Vemos moi positivas algunhas das medidas impulsadas pola Deputación de Lugo, co presunto obxectivo de dinamizar a economía da provincia. Pero, como vimos denunciando, son absolutamente insuficientes”.

Dende o PP denuncian tamén que esta situación “nada ten que ver cos 7 millóns de euros dos que nada sabemos do plan Impulsa“. Por un lado, opinan, porque faltan as axudas directas que solicitan dende hai case un ano, que serían “as máis importantes para reactivar o tecido económico da nosa provincia, algúns dos sectores que están en moi mal momento”. Por outro lado, porque accións como os bonos Impulsa que “é unha acción que vemos moi interesante, copiada da iniciativa da Xunta, está dotada cunha cantidade moi escasa, moi pequena”.

Para o PP, “outro programa interesante é o Coñece a túa Provincia, que é unha copia
reeditada do KM0, no que neste caso a Deputación só inviste este ano 106.000 euros,
dos cales 18.000 son para regalos institucionais”. Castiñeira sinala: “É unha auténtica
tomadura de pelo. Por iso, o PP non pode estar satisfeito con este inexistente ou
engordado Plan Impulsa. Vemos que para a economía da provincia se usan moi poucos cartos e se da moita propaganda pero en cambio para outras cousas interesantes para o goberno como é a toma política nas axudas a un sindicato, en concreto, a UGT, con 20.000 euros, se fai con moi pouca propaganda, pola porta de atrás”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...

Méndez cre que o papel de María Reigosa “demostra que Candia mercadea con Lugo” e avisa: “Pasará factura”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, cre que o papel de María...

A Deputación aproba destinar 300.000€ a Taboada e Trabada para mellorar varias dotacións locais

    A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou destinar 300.000€ aos concellos de...

Candia comeza o seu mandato retirando unha bandeira palestina e reuníndose con representantes do persoal municipal

A popular Elena Candia arrincou a súa nova etapa como alcaldesa de Lugo e...