InicioPolíticaO presidente da Deputación de Lugo rexeita o pago en autovías

O presidente da Deputación de Lugo rexeita o pago en autovías

Espera que o Goberno atope "un mecanismo máis xusto" que peaxes en autovías.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, confía en que o Goberno do Estado atope “un mecanismo máis xusto” que a implantación de peaxes nas autovías. Tras a reunión da xunta de goberno provincial, considerou que esta medida forma parte “desas cousas que se pon nos planos, que se mandan a Bruxelas, moitas veces por indicación da Unión Europea”. Por iso, confía en que “non leve a cabo tal e como está a saír publicado”.

Aínda que recoñeceu que “non coñece en profundidade” a medida, mostrouse convencido de que, finalmente, “o Goberno socialista de Pedro Sánchez atopará algunha medida ou algunha forma de financiar o mantemento das estradas” alternativa. Así, sostivo que “ninguén discute que hai que manter as estradas en bo estado”, pero considerou que “ten que haber mecanismos máis xustos que este que se expón”.

“Para min non é xusto que todos os cidadáns sustenten da mesma forma esta actuación, teñan rendas altas ou rendas baixas, polo que creo que o Goberno de España atopará un mecanismo máis xusto e que non trate por igual a todos aqueles que necesitamos usar as vías públicas; autovías, autoestradas ou estradas, que necesitamos ter mobilidade sobre todo en provincias como Lugo que estamos na periferia”, resolveu.

Neste sentido, incidiu en que está “plenamente convencido de que o Goberno de España vai atopar algún mecanismo máis xusto do que se está publicando”. “Estamos a empezar, haberá moito que falar, moito que negociar, e ao final si hai que establecer algún mecanismo de financiamento espero que sexa un mecanismo máis xusto e se financie sen carga para aquelas persoas coas rendas máis baixas“, apuntou.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...