InicioPolíticaMéndez reivindica a "alma republicana" do PSOE sen deixar de lado o...

Méndez reivindica a “alma republicana” do PSOE sen deixar de lado o “constitucionalismo”

A alcaldesa de Lugo participou nun acto de homenaxe polos 90 anos da proclamación da II República. "É preciso abrir un debate profundo que vaia encamiñado a ese sistema", subliñou.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reivindicou a “alma republicana” do PSOE e subliñou que, ao seu xuízo, é compatible con ser “constitucionalistas” e “respectuosos co sistema en vigor”.

Así se pronunciou nos actos organizados con motivo do 90 aniversario da proclamación do II República celebrado na Praza da Liberdade da cidade da Muralla. Alí, Méndez defendeu a vixencia da “alma republicana que segue tendo o Partido Socialista”. “Outra cousa é que sexamos constitucionalistas e respectuosos co sistema en vigor”, engadiu.

“Eu creo que é preciso abrir un debate profundo, reflexivo, un debate que vaia encamiñado a unha república, porque a república vai na procura do que desde o PSOE defendemos: a defensa de igualdade de oportunidades, a defensa da igualdade de xénero e a defensa da xustiza social”, sinalou a rexedora.

Méndez lembrou que o acto deste mércores se celebra cada 14 de abril de forma ininterrompida salvo polo parón do ano pasado debido ao primeiro estado de alarma declarado tras o comezo da pandemia.

“Todos os anos desde o concello facemos un recordo e homenaxe a aqueles homes e mulleres que loitaron por esa segunda República, e que loitaron a favor dos dereitos sociais, da igualdade, e da igualdade de xénero na persoa de Clara Campoamor para que a muller puidese ter dereito a voto”, subliñou finalmente a alcaldesa. Xunto ao concelleiro Álvaro Santos, colocou un ramo de caraveis coas cores da bandeira republicana.

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

A Feira do Viño de Amandi reúne máis de 20 bodegas coa colaboración da Deputación

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na...

O PP lucense denuncia que o Goberno non teña en conta as alegacións da Xunta á planificación eléctrica

O PP de Lugo reclamou este venres ao Goberno central que "teña en conta"...