InicioPolíticaO BNG pide na Cámara galega que o Bierzo poida ser provincia

O BNG pide na Cámara galega que o Bierzo poida ser provincia

PP e PSdeG avanzan o seu rexeitamento á iniciativa que será votada na sesión do mércores. Os populares acusan ao Bloque de "delitos pseudoimperialistas do BNG".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego pediu na Cámara galega instar á Xunta a recoñecer o dereito do Bierzo a converterse nunha provincia, na que os veciños poidan decidir o seu encaixe territorial a través dunha consulta popular.

A proposición non de lei foi defendida pola deputada nacionalista María González Albert e pide tamén que, no caso de que a vontade libre da sociedade do Bierzo opte por incorporarse á Comunidade autónoma galega, o Goberno galego adopte as medidas legais necesarias, sempre de acordo coa Xunta de Castela e León e nas canles reguladas establecidos no Congreso, co fin de verificar no plano institucional esa aspiración.

A parlamentaria do Bloque lembrou que, con motivo da celebración este ano dos 200 anos da creación e posterior perdida da “Provincia do ‘Vierzo’ e o trixésimo aniversario do Consello Comarcal do Bierzo, o partido de Coalición polo Bierzo empezou unha campaña para abrir un debate sobre a identidade desta zona e o seu encaixe no Estado español.

“Un debate máis vivo que nunca” que, segundo indicou, maniféstase en tres soluciones: “A posibilidade de crear unha provincia dentro de Castela e León, unha nova comunidade autónoma de León que incluíse ao Bierzo ou a inclusión dunha provincia do Bierzo dentro de Galicia“, sinalou para asegurar que o obxectivo desta iniciativa é que Galicia “non quede allea” ao debate que se dá na “comarca veciña”.

A iniciativa avoga tamén por abrir un diálogo coa Xunta de Castela e León e o Consello Comarcal do Bierzo para establecer pautas de colaboración institucional en ámbitos diversos e de interese recíproco, así como para formalizar unha foro estable e permanente de coordinación e diálogo sobre asuntos que afecten ao Bierzo, Valdeorras e franxa oriental de Lugo, ao amparo do artigo 35 do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Tamén pide colaborar coa Xunta de Castela e León e o Consello Comarcal do Bierzo nos actos de celebración do 200 aniversario da creación da “Provincia do ‘Vierzo’ ou Provincia de Vilafranca do ‘Vierzo”. “En resumo, trátase de recoñecer que o Bierzo existe e que o que ten que dicir escóitese tamén no noso país”, manifestou nunha intervención na que destacou os vínculos desta zona con comarcas galegas como a de Valdeorras.

REXEITAMENTO DE PPDEG E PSDEG

Aínda que a iniciativa debatida a última hora deste martes será votada na xornada do mércores, tanto PPdeG como PSdeG avanzaron a súa postura en contra polo que previsiblemente non sairá adiante.

En primeiro lugar, o socialista Pablo Arangüena criticou que os nacionalistas pretendan que o Parlamento galego se sitúe sobre un territorio que está fóra de Galicia “por moitos vínculos que poidan existir”. “Non será que sen dicilo queren sentar un precedente para recoñecer o dereito a decidir?”, preguntou o socialista.

Ademais, afirmou que crear unha provincia para sumar o territorio a Galicia suporía “quitarllo a León”. “Os enfrontamentos políticos que poderían xerar todo tipo de conflitos, desorde e caos”, sostivo para asegurar que na historia “hai multitude de exemplos”.

Pola súa banda, o parlamentario do PPdeG Alberto Pazos pediu desculpas aos galegos polo feito de que “no medio dunha pandemia” a “prioridade” para o BNG “sexa debater a creación dunha nova provincia en Castela e León”. “Paréceme unha frivolidade”, apuntou.

Tras iso, argumentou que a Xunta vai ser “escrupulosamente leal coas institucións de Castela” e do Bierzo polo que “non se vai a prestar a que se instrumentalice” aos veciños para “os delitos pseudoimperialistas do BNG”.

ÚLTIMAS

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de...

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin...

Detido en Lugo por ameazar con navalla a dous menores que xogaban na rúa

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home de 64 anos de idade...