InicioPolíticaO Concello de Lugo detectou 220 deficiencias no auditorio de Magoi

O Concello de Lugo detectou 220 deficiencias no auditorio de Magoi

Lara Méndez anunciou un investimento de 430.000 euros para arranxar os desperfectos causados por "erros construtivos" e pola "falta de mantemento". A apertura do inmoble tería que agardar a despois do verán.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Polo menos 220 deficiencias foron detectadas no novo auditorio de Lugo, desperfectos que será necesario arranxar antes da súa apertura, segundo advertiu este mércores a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, na presentación dos resultados dun estudo encargado polo Concello.

A rexedora sinalou que o informe encargado conclúe que as instalacións presentan “deficiencias de consideración nos sistemas de protección contra incendios”, así como na instalación de subministración “de gas, na ventilación e na climatización”.

Para emendar esas deficiencias, entre as que se inclúen “múltiples filtracións, que afectan mesmo aos acabados do inmoble”, o Concello de Lugo terá que investir 430.000 euros, apuntou a rexedora.

Segundo o estudo, a deterioración do edificio é “froito de erros construtivos”, pero “fundamentalmente da súa falta de mantemento durante o tempo que o inmoble estivo desocupado ata a súa recepción” por parte do Concello, indicou.

Ao caducar a garantía das obras, o Goberno local sacará a licitación o arranxo das instalacións co obxectivo que o auditorio poida abrir as súas portas despois do verán.  Con ese novo gasto, o Goberno local calcula que o Concello de Lugo abonará o 21 % do custo desta infraestrutura cultural.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...