InicioPolíticaO PSdeG considera "lamentables" as críticas do PP sobre o ferrocarril en...

O PSdeG considera “lamentables” as críticas do PP sobre o ferrocarril en Lugo

A secretaria xeral na provincia, Patricia Otero, afea as declaracións de Elena Candia, da que di que "antepón os intereses do partido" aos dos lucenses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A secretaria provincial do PSdeG en Lugo e deputada autonómica, Patricia Otero, cualificou hoxe como “un espectáculo lamentable” as críticas do Partido Popular en relación coa presentación que fixo das obras para realizar no corredor ferroviario Lugo-Monforte-Ourense a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, por non nomear as variantes de Rubián e Os Peares.

“Tras anos de abandono precisamente do Goberno de Rajoy e do PP, os Orzamentos Xerais do Estado inclúen actuacións no ferrocarril que supoñerán un salto sen precedentes, moitas delas xa contratadas. No canto de alegrarse por iso, o PP de Elena Candia dedícase agora a tentar desprestixiar esas obras”, dixo Otero, que mesmo afeou os “ataques persoais aos responsables do Goberno do Estado, que están a mostrar un verdadeiro compromiso coa provincia de Lugo”.

“QUE A XUNTA CUMPRA”

Para Patricia Otero eses “ataques de ira da responsable do PP” en Lugo non son unha sorpresa, “porque xa demostrou que antepón os intereses” do seu partido “aos da provincia”. “Foi incapaz de ver que a mellora que se vai a producir na liña Lugo-Ourense será en beneficio de todos os lucenses”, engadiu, e “deixouse levar por unha crítica desaforada sen fundamento algún”.

“Para a súa desesperación, dígolle que chegou a modernización do tren, e tamén que chegará en breve a estación intermodal de Lugo. Por iso, agora debería preocuparse de que a Xunta cumpra coa parte que lle corresponde, que bastante atraso leva xa”, insistiu.

Así mesmo, lamentou que o delegado da Xunta de Galicia, Javier Arias, tamén se sumase a esta “campaña de insultos e falsidades” sobre os investimentos do Estado na provincia de Lugo, porque “preferiu poñerse a camiseta do PP” no canto da “do Goberno da Xunta”. Ao seu xuízo, separouse así do “clima de acordo e consensos que presidiu a reunión entre o ministro Ábalos e Feijóo hai apenas uns días”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...