InicioLugo e contornaLugoO PP pide un expediente para un músico da banda municipal "condenado...

O PP pide un expediente para un músico da banda municipal “condenado por agresión” a unha compañeira

Denuncia "o caótico estado" da Banda Municipal que pasou de 48 a 18 músicos e sen actuar en público.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular esixiulle ao goberno local que active de inmediato o “expediente disciplinario” ao músico que foi condenado por “agredir a unha compañeira da Banda de Música de Lugo no transcurso dun ensaio”. “Acabamos de coñecer a sentenza”, dixo a edila Beatriz Vázquez, quen lle pide á área de Cultura que active o expediente disciplinario que quedara en suspenso á espera de coñecer a resolución xudicial por eses feitos, que sucederon no ano 2017, porque ?non se poden permitir agresións físicas en ningún ámbito municipal?.

Ademais, a concelleira afirmou que, despois de 150 anos de historia, “a Banda de Música está a vivir o momento máis crítico da súa historia”, dado que pasou de 48 a 18 músicos, que se atopan nunha “situación esperpéntica”, despois de “catro anos sen actuar en público”.

O caótico estado da Banda Municipal de Lugo era visto, despois do desmantelamento propiciado polo PSOE nos seus sucesivos anos de goberno”, engadiu, algo que agora “chega o BNG e remata”. Na mesma liña, preguntábase “cando está previsto terminar o proceso para designar ao director da Banda e cando van ser contratados máis músicos”.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...