InicioSociedadeA directora do CEIP de Becerreá, apercibida polo reparto de máscaras de...

A directora do CEIP de Becerreá, apercibida polo reparto de máscaras de Galicia Sempre

A directora faise "plenamente responsable" do ocorrido e admitiu que se trataba dunha petición do propio Concello, dirixido por Manolo Martínez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade apercibiu o pasado mes de xaneiro a directora do CEIP San Xoán de Becerreá tras confirmar que se repartiron máscaras e elementos de hixiene contra a COVID-19 co logotipo do partido político ‘Galicia Sempre’, fundado polo exsocialista Manuel Martínez e alcalde deste municipio lucense.

Así o explicou en comisión parlamentaria o secretario xeral técnico da Consellería, Manuel Vila, en resposta a unha pregunta formulada polo deputado socialista Luís Álvarez.

O parlamentario reclamou explicacións por esta situación “deplorable” e de auténtica “propaganda” no propio centro, ao que está vinculado o propio alcalde, ademais de por a actuación do Goberno galego para solucionar o problema.

O servizo de inspección tivo coñecemento dos feitos o 11 de xaneiro, tras a denuncia telefónica formulada polo portavoz socialista no municipio.

A repartición entre o alumnado realizouse o venres, á volta das vacacións de Nadal, e consistiu nun ‘kit’ composto por máscara, toallitas e xel hidroalcohólico, todos eles coa simboloxía da formación fundada polo rexedor municipal.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

A xuízo un home por agresión sexual á súa exparella cando esta decidiu deixar a relación

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro xoves, día 12, a un home...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...