InicioPolíticaA absolución de Besteiro fai soar unha posible competición con Caballero polo...

A absolución de Besteiro fai soar unha posible competición con Caballero polo liderado do PSdeG

O PPdeG dá por feita a volta do exlíder socialista á política de alto nivel. No PSdeG tampouco pechan a porta e mesmo admiten que "Besteiro é un valor seguro"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, mostrouse convencido de que o auto xudicial que esta semana arquivou o caso do ‘Garañón’ “deu por iniciada a campaña interna do partido para o Congreso do PSdeG deste ano” e deu por feito que o que fora líder dos socialistas galegos José Ramón Gómez Besteiro competirá nesa carreira co actual secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

“Desexamos moita sorte aos dous candidatos ás primarias e, no ámbito persoal, tamén os parabéns a Besteiro pola súa situación aclarada neste auto xudicial”, dixo Tellado, nunha rolda de prensa na que incidiu en que, en todo caso, as “decisións que tomou” supoñen “un custo económico moi importante para o Concello de Lugo”.

E iso segue estando encima da mesa“, engadiu o número dous dos populares galegos. Máis aló, incidiu na situación interna dos socialistas e ironizou con que Caballero “pasou catro anos querendo ser como (Pedro) Sánchez” pero el ten “a sensación” de que “vai acabar removido como Susana Díaz”. “Estivo catro anos pensando que o seu rival político era (Alberto Núñez) Feijóo e o certo é que o seu rival politico seguía sendo Besteiro”, concluíu.

NO PSdeG DEIXAN A PORTA ABERTA

Pola súa parte, nas propias filas socialistas tampouco pechan a porta a que se materialice esa volta de Besteiro á política de primeiro nivel. O vicevoceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia e deputado por Lugo, Luís Álvarez, afirmou que “todos os que coñecemos a historia recente do PSdeG sabemos que Besteiro é un valor absolutamente indiscutible dentro do socialismo”.

“Tiña un liderado consolidado, tiña o recoñecemento do seu partido e de xente que sen militar no PSOE recoñecía a súa capacidade”, destacou sobre o ex secretario xeral dos socialistas galegos. “Ningún partido político pode prescindir daquelas persoas que, como Besteiro, teñen unha valía máis que acreditada nos seus anos de xestión; unha xestión que quedou demostrado que non tiña nada de irregular”, opina.  Así é todo, Álvarez dixo que é “unha decisión que debe de tomar el”. 

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...