InicioPolíticaCríticas a Manuel Martínez por repartir máscaras no colexio de Becerreá co...

Críticas a Manuel Martínez por repartir máscaras no colexio de Becerreá co logo do seu partido

O grupo do PSdeG do municipio táchao de "escándalo" e "sectario".

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A portavoz socialista no municipio de Becerreá, Isabel Rubinos, denunciou que o alcalde da localidade e antigo compañeiro no PSdeG-PSOE, Manuel Martínez, repartiu no colexio da localidade material para a prevención da Covid-19 co logotipo do seu partido político (Galicia Sempre).

A voceira socialista avanzou que a súa formación levará o sucedido ao Parlamento de Galicia para que a Consellería de Educación “clarifique esta anómala situación”, que cualificou como un “auténtico escándalo e dunha actitude inaceptable por parte do alcalde de Becerreá e de todo o seu goberno”.

Segundo explicou o Partido Socialista, ademais doutro tipo de material, o alcalde entregou no CEIP San Xoán de Becerreá máscaras e frascos de xel hidroalcohólico coa simboloxía do seu partido político”. Rubinos afirma que se trata dunha forma de actuar “caciquil”, que “mostra a cara máis sectaria do goberno de Manuel Martínez”, que busca “adoutrinar aos máis mozos do municipio”.

“Se o Concello de Becerreá ten que achegar material aos alumnos, que o faga. Estamos de acordo. Pero non podemos consentir nin compartir que se reparta este material coa simboloxía dun partido político, porque os impostos pagámolos todos”, concluíu

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...

O BNG insiste en que o Goberno actúe ante as continuas inundacións en Begonte

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, volverá levar ao Congreso a denuncia...