InicioPolíticaJosé Tomé: "A Xunta apagou a información da evolución da pandemia nos...

José Tomé: “A Xunta apagou a información da evolución da pandemia nos concellos”

Lamenta que a transparencia "se bota de menos", sobre todo "cando desde a Xunta de Galicia está a reclamarse todo tipo de información e transparencia ao Goberno do Estado".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, volveu a acusar este venres á Xunta de ter “apagada” a información da evolución da pandemia aos concellos, polo que reclamou que a “transmita”.

“Transmitir esa información aos concellos, a todos, non lles custa nada, tan só un correo electrónico aos concellos informando da súa situación”, pediu, na rolda de prensa posterior á reunión da xunta de goberno provincial.

Estas declaracións do presidente da Deputación de Lugo producíronse pouco antes da comparecencia do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para informar das novas decisións adoptadas polo comité clínico para atallar a pandemia.

Sobre este comité, José Tomé precisou que é “un órgano técnico de asesoramento, non é un órgano que decida nada“. “Este órgano vai asesorar á Consellería de Sanidade para que despois a Consellería tome a decisión que corresponda”, subliñou. Seguidamente, preguntado sobre se espera que se suavicen restricións en municipios como Lugo ou Vilalba –tan só a capital provincial relaxará as medidas a partir deste sábado-, dixo que non ía prexulgar as decisións que se adoptasen.

En calquera caso, insistiu en afear que a fluidez de información de Sanidade cara aos concellos “non brilla”. “É máis ben ao revés, está apagada”, reiterou. Neste mesmo sentido, o presidente da Deputación de Lugo lamentou que a transparencia “se bota de menos”, sobre todo “cando desde a Xunta de Galicia está a reclamarse todo tipo de información e transparencia ao Goberno do Estado”. “O que me parece ben, pero se a pides tes que predicar co exemplo e darlla tamén aos outros”, concluíu.

ÚLTIMAS

Detidos tres homes nun operativo policial con 1,6 kg de droga e máis de 1.800 euros

A Policía Nacional desmantelou en Lugo dous puntos de preparación, corte e venda de...

Tatiana Badiola, a moza que visibiliza o ELA cun videoclip e a axuda da IA

Tatiana Badiola Penas ten 32 anos e aínda que orixinaria de Cataluña, pasou a infancia...

O Concello de Lugo determina que “non existiu acoso” por parte da concelleira de Cohesión Social cara as traballadoras

O Concello de Lugo determinou que "non existiu acoso laboral" por parte da concelleira...

Condenado un home por abuso sexual a unha vaca preñada en Castro de Rei

O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo condenou a un home ao pagamento...