InicioPolíticaO goberno provincial conxela o seu soldo para 2021 nuns orzamentos de...

O goberno provincial conxela o seu soldo para 2021 nuns orzamentos de 92,5 millóns

O borrador das contas prevé unha partida de 21,3 millóns para cooperar cos concellos e a duplicación dos fondos para emprego. José Tomé di que estes orzamentos ofrecen "estabilidade" e "rigor" de cara a unha recuperación económica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, presentou este venres o borrador dos orzamentos provinciais para o vindeiro 2021, que suman un total de 92.418.752,96 euros (case un 1% máis ca os do ano pasado, apuntan). As contas, centradas na recuperación económica, recollen a conxelación do soldo do goberno no próximo ano e a duplicación dos fondos destinados ao emprego.

En rolda de prensa, Tomé puntualizou que o bipartito “dálle moita importancia” a esta conxelación para “ser solidarios con aquelas persoas que o están pasando mal”. A medida aplicarase nos salarios dos membros do goberno, pero non na dos funcionarios, colectivo para o que se prevé un incremento salarial do 0,9%.

COOPERACIÓN COS CONCELLOS

O presidente destacou que traballan “para paliar os efectos desta grave situación” dentro das súas “competencias e dos recursos” dos que dispón, “da man dos concellos e do tecido socio económico da provincia”.

Así, debullou que “os orzamentos para 2021” de máis de 92,4 millóns de euros, que levarán ao pleno extraordinario o 30 de novembro, son “rigorosos, serven tamén para dar estabilidade, e é un orzamento de confianza para os cidadáns”. Con estas contas pretenden “reforzar as políticas de emprego, o apoio aos sectores produtivos e estratéxicos”, así como “a mellora da mobilidade” e “a cooperación cos concellos”.

De feito, a partida máis alta vai para o Plan de Cooperación cos concellos, á que se destinarán 21,3 millóns de euros, e nove millóns tamén para políticas de emprego.

ÚLTIMAS

Conta atrás para o ‘Caudal Fest’

A sétima edición do Caudal Fest conta os días para a súa celebración. Este...

A Xunta declara como proxecto industrial estratéxico a construción da planta de biometano no polígono do Ceao

O Consello da Xunta aprobou este luns a declaración como proxecto industrial estratéxico a construción dunha...

Incendio en Barreiros estabilizado tras arrasar 80 hectáreas

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia deu por estabilizado esta mañá...

Cinco brigadistas ingresados con queimaduras graves tras o lume de Barreiros

Os cinco brigadistas feridos nun incendio rexistrado no municipio lucense de Barreiros foron trasladados...