InicioPolíticaBalseiro non ve un "castigo" a súa substitución na Delegación da Xunta...

Balseiro non ve un “castigo” a súa substitución na Delegación da Xunta pero di que a “experiencia” debería contar

PUBLICADA O

- Advertisement -

O parlamentario do PPdeG José Manuel Balseiro considera que “os postos hai que renovalos” tras a súa substitución como delegado da Xunta en Lugo e non ve un “castigo” a súa saída tras catro anos no cargo.

“Non hai que velo nesa clave”, resolveu o deputado popular, que asegura que este cambio o que supón é “volver a unha casa” que coñece “ben”. “É unha casa (o Parlamento galego) na que me atopo ben”, abundou.

En canto á súa saída do cargo, atribuíuno a que “os postos hai que renovalos e iso é importante, veñen novas xeracións”. “Eu tamén vou tendo a miña idade, aínda que tamén é certo que a idade che dá unha certa experiencia e iso hai que valoralo”, subliñou.

Balseiro insistiu en soster que non se trata dun “castigo”, el non ten “ese concepto”, e aproveitou para avanzar que vai seguir a disposición do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “e a disposición do partido para todo o que consideren os militantes, os alcaldes e os cargos do partido, en que poida ser necesario ou útil”.

En canto a estes catro anos, o exdelegado confesou que foron “de intenso traballo, de moitas horas practicamente todos os días da semana”. “Houbo unha implicación moi importante e creo que se conseguiron os obxectivos que se traían cando cheguei á delegación. A partir de aí só me queda agradecer ao partido, ao presidente da Xunta, que me deron esta oportunidade de poder estar catro anos á fronte desta delegación”, manifestou.

Finalmente Balseiro asumiu que ten “unha débeda de gratitude, sobre todo cos militantes do PP na provincia, cos distintos concelleiros, cos alcaldes e portavoces do Partido Popular e nunca houbo un só rozamento neste catro anos”, subliñou. “Todo foi colaboración para que todo saíse ben, pero eu vou seguir traballando, desde o parlamento, pola provincia de Lugo”, concluíu.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....