InicioPolíticaFeijóo di que os colexios electorais estarán abertos "como os supermercados"

Feijóo di que os colexios electorais estarán abertos “como os supermercados”

O tamén presidente da Xunta sostén que "hai políticos que din que votar na Mariña non é seguro", pero indica que eles "seguro que van votar".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, insistiu na tarde deste venres nun acto en Lugo en que “hai interese dalgún partido” en “propor unha estratexia do medo a votar”.

Na xornada de peche de campaña, Feijóo visita o sete cidades galegas. Así, en Lugo –antepenúltima parada antes da Coruña e Ferrol– pediu que “ningún galego quede sen renunciar ao voto” para “unha Galicia segura”.

Tras destacar que “Galicia é unha cidade única”, Feijóo remarcou que “os colexios electorais estarán abertos” do mesmo xeito que os están “supermercados, farmacias e restaurantes”, e “estarán supervisados para garantir a seguridade”.

O tamén presidente da Xunta sostén que “hai políticos que din que votar na Mariña non é seguro”, pero indica que eles “seguro que van votar”.

“A xente de Lugo sempre me apoiou”, afirmou nun discurso no que apelou a votar “en liberdade”, xa que “o futuro de Galicia decídese o domingo”. Augura que estas eleccións “traerán a vitoria da democracia para Lugo e o resto de Galicia da man do Partido Popular”.

MENSAXE DE “OPTIMISMO” PARA A MARIÑA

Así mesmo, Alberto Núñez Feijoo quixo mandar unha mensaxe de “optimismo á Mariña de Lugo”, sobre todo a “Burela“, onde se concentra o maior número de infectados polo brote de COVID-19.

Así, destacou que no hospital de Burela “só hai dúas persoas xa hospitalizadas”, mentres chama a votar na Mariña “polo futuro da comarca” e de “Alcoa”, sobre todo “por eles”.

O presidente tamén pediu que “aos positivos por coronavirus” que non vaian votar “por prudencia”, pero deixou claro: “Non podemos cortar os dereitos de toda unha comarca”. Respecto diso, lembrou que nas últimas eleccións foron a votar na Mariña unhas 56.000 persoas.

“COMPROMISOS SANITARIOS”

O candidato do PP fixo un breve repaso do feito por Lugo e a súa provincia durante o seu mandato, onde recalcou “os compromisos sanitarios” e fixo fincapé, en que a cidade amurallada terá o “primeiro centro de saúde integral de Galicia” no barrio da Residencia.

Feijoo destacou tamén o polo aeronaútico de Rozas “como unha aposta de futuro”, e avoga por “seguir mellorando” a “conectividade” da provincia “co resto de Galicia”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...