InicioPolíticaLara Méndez impulsará os "primeiros" orzamentos municipais "con perspectiva de xénero"

Lara Méndez impulsará os “primeiros” orzamentos municipais “con perspectiva de xénero”

A alcaldesa de Lugo explicou que a planificación das contas do 2021 incluirá un informe de impacto de xénero e estudos sobre indicadores de igualdade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou que o orzamento municipal do Concello para o próximo ano será elaborado “por primeira vez con perspectiva de xénero”.

Acompañada pola concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana González Abelleira, a rexedora precisou que a planificación das contas municipais incorporará, “ademais dun informe de impacto de xénero”, unha “análise política do gasto municipal con indicadores e medidas a aplicar” para unha distribución equitativa do gasto municipal que favoreza a igualdade real entre homes e mulleres.

“Iniciaremos para iso un proceso complexo que require dunha implantación progresiva, que nos levará varios exercicios, pero temos a determinación de que os orzamentos de 2021 nazan baixo o amparo desta filosofía”, para “reforzar as políticas encamiñadas a conseguir unha igualdade real”, engadiu.

Nese sentido, insistiu no compromiso “firme” de Concello para fomentar a igualdade coa “ferramenta máis potente” da que dispón, que son “os orzamentos municipais”, porque “sinala as prioridades do goberno” e sostén a súa “capacidade para concretar políticas”.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...