InicioPolíticaO PSdeG suspende os mitins na provincia de Lugo

O PSdeG suspende os mitins na provincia de Lugo

A formación limitará a actividade a paseos e comparecencias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O comité de campaña do Partido Socialista decidiu suspender os mitins na provincia de Lugo con motivo do rebrote da COVID-19 na comarca da Mariña.

Nun comunicado remitido aos medios, o PSdeG sinala que a actividade nesta provincia, na que un rebrote de coronavirus obrigou a pechar A Mariña, limitarase a paseos e comparecencias no territorio.

Esta decisión foi trasladada polo secretario de Organización do PSdeG, José Antonio Quiroga, ao conxunto do partido, unha medida que enmarcou na “responsabilidade esixible” nestes momentos.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...