InicioPolítica"Fóra fascistas da nosa rúa": os cánticos cos que Lugo recibe a...

“Fóra fascistas da nosa rúa”: os cánticos cos que Lugo recibe a Santiago Abascal

Unha concentración antifascista precedeu o mitin electoral no que participaron representantes da ultradereita en apoio de Sonia Teijeiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O líder estatal de Vox, Santiago Abascal, viaxou este venres a Lugo para participar nun mitin electoral de apoio á candidata lucense, Sonia Teijeiro, de cara ás eleccións autonómicas do 12-X. Antes do acto, decenas de persoas encheron a praza de Campo Castelo para proferir cánticos antifascistas. 

“Fóra fascistas da nosa rúa”,  “Agora e sempre, Lugo antifascista” ou “Lugo será a tumba do fascismo” foron algunhas das consignas proclamadas polos manifestantes. Entre este grupo de xente e aqueloutro —tamén numeroso— que acudía a escoitar os representantes de Vox, había unha ringleira de axentes de Policía. O propio partido fixera pública a súa petición de presenza policial no acto ao coñecer a convocatoria da concentración antifascista.

Nas primeiras intervencións de Sonia Teijeiro e mais de Jorge Buxade, eurodeputado, referíronse aos “piji-progres de Lugo” e aseguraron que a súa formación é a única que “sempre defenderá a liberdade de expresión”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...