InicioPolíticaPancho Casal aposta por un tren de proximidade para Lugo, "a cidade...

Pancho Casal aposta por un tren de proximidade para Lugo, “a cidade que máis o necesita”

A Marea Galeguista avoga pola "interconexión do territorio", máis importante ca o AVE, din.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O candidato de Marea Galeguista á presidencia da Xunta, Pancho Casal, avogou por establecer un tren de proximidade para Lugo, “a cidade que máis o necesita”. 

“Interconectar o territorio” é “decisivo” para o futuro de Galicia, segundo Casal, que estivo acompañado na súa visita á estación de ferrocarril polo cabeza de lista de Marea Galeguista por Lugo, Iván R. Lombardero, e pola número dous da candidatura Carmen Núñez, entre outros integrantes da formación política.

En declaracións aos medios de comunicación, destacou que a sustentabilidade é o “eixo transversal en toda a oferta política da Marea Galeguista” e por iso evocou iniciativas sobre mobilidade, por ser “unha parte moi importante das emisións de gases de efecto invernadoiro”, causante do cambio climático. Lombardero dixo, nese sentido, que Lugo é “a gran abandonada” polo Goberno autonómico galego, presidido por Alberto Núñez Feijóo.

Nese punto, ambos coincidiron en destacar outro dos eixos da campaña de Marea Galeguista, o “soberanismo cidadán”, porque segundo explicou Casal, “fai trinta anos deberiamos poder decidir que o máis importante non era o AVE”, en alusión ao trazado ferroviario de alta velocidade entre Madrid e Galicia, que está a piques de ser completado. “Evidentemente, hai que ter unha boa conexión co resto do Estado e de Europa, pero o importante é interconectar o territorio”, engadiu Casal.

O líder de Marea Galeguista avogou por construír unha estación intermodal que permita “sacar a estación de autobuses do centro, que fai que todo o tráfico pesado estea a dar voltas pola rolda da Muralla”. A Marea Galeguista quere garantir á poboación que o Goberno autonómico “non mirará cara a Madrid, que mirará cara a Galicia, cara aos galegos e as galegas”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...