InicioPolíticaCiudadanos promete unha "oportunidade a todas as zonas rurais" lucenses

Ciudadanos promete unha “oportunidade a todas as zonas rurais” lucenses

O candidato por Lugo culpa o bipartidismo da situación pola que pasa actualmente A Mariña e Alcoa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A candidata de Ciudadanos á presidencia da Xunta, Beatriz Pino, visitou este luns a cidade de Lugo para presentar a cabeza de lista pola provincia, José Ángel Gómez. Coa Muralla de fondo, Pino comprometeu unha aposta “moi forte” para darlle un futuro a Galicia e cargou contra o bipartidismo, ao que responsabiliza da problemática de Alcoa.

Visiblemente nervioso, o nº1 por Lugo expresou o seu desexo a “contribuír a cambiar as cousas” nun partido que pensa “no interese xeral” e que quere “dar unha oportunidade a todas as zonas rurais“, en palabras de Pino. “Estou aquí coa intención de ser útil”, finalizou o candidato do partido laranxa.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo reforzará a seguridade do San Froilán con máis cámaras, unha terceira ambulancia e avaliación de riscos por evento

O Concello de Lugo reforzará este ano o dispositivo de seguridade das festas de...

Un home resulta ferido tras ser acoitelado nun bar da Milagrosa e o presunto agresor é detido

Un home duns 38 anos resultou ferido na madrugada do luns nun establecemento de...

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...