InicioPolíticaAs listas electorais por Lugo apenas sofren cambios de cara ao 12-X

As listas electorais por Lugo apenas sofren cambios de cara ao 12-X

A única novidade entre os candidatos será Iván Rodríguez Lombardero, cabeza de cartel de Marea Galeguista, a nova coalición de CxG, En Marea e o Partido Galeguista.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As candidaturas políticas pola provincia de Lugo de cara ás eleccións autonómicas do 12 de xullo non presentan cambios salientables respecto das listas xa coñecidas para o 5 de abril, data na que estaba previsto celebrar os comicios de non ser pola pandemia. Poucos cambios no panorama, agás pola substitución de Compromiso por Galicia en favor de Marea Galeguista, a nova coalición de Compromiso, En Marea e o Partido Galeguista.

O xeólogo Iván Rodríguez Lombardero, natural de Ribadeo e traballador do Sindicato Labrego Galego (SLG), será o cabeza de lista por Lugo desta nova candidatura da Marea Galeguista, que estará liderada a nivel autonómico polo deputado Pancho Casal.

Polo demais, as caras máis visibles seguirán sendo as mesmas: Elena Candia polo Partido Popular, con José Manuel Balseiro de número 2; Patricia Otero capitanerá de novo a candidatura do PSdeG; Olalla Rodil repetirá á fronte do BNG; e Miguel Anxo Fernán-Vello será outra vez o número 1 de Galicia en Común (coalición de Podemos, Esquerda Unida e Anova). Pola súa parte, José Ángel Gómez Fernández presentarase por Ciudadanos e Sonia Teijeiro será a candidata de Vox.

Podes ler a información ampliada no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...