InicioPolíticaA caravana de Vox tamén percorrerá as rúas de Lugo

A caravana de Vox tamén percorrerá as rúas de Lugo

A formación de extrema dereita protestará en toda España en contra da actuación do Goberno, a quen acusa de "coartar as liberdades e dereitos" dos cidadáns.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Vox Lugo súmase á ‘Caravana por España e a súa liberdade‘ nas rúas da cidade o vindeiro sábado 23 de maio ás 12:00 horas, unha mobilización que foi autorizada pola Delegación do Goberno nas catro provincias galegas.

Os simpatizantes do partido de Santiago Abascal partirán nos seus coches dende Garabolos cara á Rolda da Muralla pola Avenida da Coruña. Fan un chamamento a todos aqueles que queiran manifestarse en contra do que denominan “estado de abuso” por parte do “Goberno do paro e da miseria, que coartou as liberdades e dereitos ao pobo español”, segundo indica a formación de extrema dereita nun comunicado.

Os manifestantes non poderán baixar dos seus vehículos para así garantir o respecto das medidas de seguridade. Ademais, en cada coche deberán seguirse as indicacións sanitarias pertinentes en función de se os ocupantes viven no mesmo domicilio ou non.

Antes do día da mobilización, o partido alenta a protestar dende os balcóns coas xa famosas cazolas que sacaron á rúa no barrio de Salamanca (Madrid) a pesar do estado de alarma.

+ posts

ÚLTIMAS

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...