InicioPolíticaAs eleccións galegas serán finalmente o vindeiro 12 de xullo

As eleccións galegas serán finalmente o vindeiro 12 de xullo

As principais forzas da oposición en Galicia son contrarias a esta data electoral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, confirmou este luns que as eleccións galegas celebraranse o próximo 12 de xullo.

Tras unha reunión extraordinaria do seu goberno, Núñez Feijóo destacou a situación sanitaria de Galicia pola pandemia do coronavirus e defendeu que os comicios se celebren “canto antes, mellor ao principio do verán que ao final”, como defendeu a pasada semana con “informes sanitarios e xurídicos”.

Precisamente, por mor da pandemia do coronavirus as eleccións galegas previstas para o 5 de abril foron suspendidas.

PSdeG-PSOE, BNG ou Galicia en Común manifestáronse en contra da data electoral, ao entender que non se dan as garantías sanitarias. Entre as forzas progresistas, só En Marea, que renunciara a presentarse en abril, amosouse a favor de celebrar os comicios en xullo, postura que tamén mantén Ciudadanos.

Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...