InicioPolíticaO PP acusa o BNG de usar a área de Cultura para...

O PP acusa o BNG de usar a área de Cultura para “enchufar” empresas afíns ao partido

Aseguran que a compañía da que foi a número 2 do BNG en Cerceda quintuplicou os seus ingresos durante cinco meses do bipartito.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular en Lugo tacha de “chiringuito cultural” a Concellería de Cultura en mans do Bloque Nacionalista Galego, ao que acusan de “enchufar e financiar” empresas afíns ao partido. “En tan só cinco meses deste mandato do bipartito, disparáronse os pagos a unha Sociedade Cooperativa Galega cuxa responsable é a que foi a número 2 do BNG de Cerceda”, aseguran os populares.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica que “dende xaneiro de 2019 a setembro de 2019, esa compañía recibiu por diferentes traballos en Lugo 7.900 euros”, pero “sorpresivamente, tralo pacto do bipartito de Lugo, esa mesma entidade quintuplicou os seus beneficios pasando a ingresar 36.273 euros”.

As facturas das que falan fan referencia a un espectáculo de contacontos na biblioteca municipal, varias representacións teatrais e distintas actividades durante o Nadal. Para os populares, os datos que se extraen desas facturas revelan que os nacionalistas “tentan montar un chiringuito privado con cartos públicos para beneficiar a empresas, sociedades ou asociacións con carné nacionalista”.

Ameijide sostén, ademais, que o PSOE de Lugo é corresponsable da situación e pídenlle á alcaldesa, Lara Méndez, que deixe de ser “cómplice” de “toda esta cacicada”.

GASTO NO SAN FROILÁN

Ademais, os populares solicitarán o acceso aos expedientes para “clarificar a que se adicaron os case 300.000 euros que o BNG gastou de máis no San Froilán” para comprobar “se acabaron beneficiando a empresas da súa contorna”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...