InicioPolíticaLara Méndez cre que o PSdeG está "preparado" para aproveitar "a oportunidade"...

Lara Méndez cre que o PSdeG está “preparado” para aproveitar “a oportunidade” do 5-A

A alcaldesa de Lugo confesou certa sorpresa ante o "cambio de discurso" de Feijóo ao anunciar o adianto electoral semanas despois de asegurar que agotaría o mandato. Así e todo, considera que a "presión social" o obrigou a tomar esta decisión.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asegurou que os socialistas galegos están “preparados” para afrontar o adianto das eleccións galegas, que finalmente se celebrarán o día 5 de abril. Aos seus ollos, estes comicios son en realidade “unha oportunidade” para “un cambio de ciclo” na Xunta de Galicia.

En declaracións aos medios de comunicación, Méndez recoñeceu que a convocatoria das eleccións é unha “potestade do presidente da Xunta de Galicia”, Alberto Núñez Feijóo, pero cualificou como “sorpresivo” o seu “cambio de discurso”, porque hai só unhas semanas dicía “que ía esgotar o mandato”. Así e todo, a rexedora lucense entende que non é estraño que Feijóo se vexa obrigado a modificar as súas formulacións “pola presión social”.

OPORTUNIDADE PARA RECUPERAR DEREITOS PERDIDOS

Respecto do que ocupa aos socialistas, Méndez considera que están “preparados” para afrontar estes comicios con garantías e cun “candidato claro”, Gonzalo Caballero. Tamén teñen ben atado, dixo, o programa electoral no que xa levaban “meses traballando”.

Por iso, expresou que estas eleccións son unha oportunidade “para recuperar dereitos e prestacións perdidos” e para “mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”. É o momento, opina a rexedora local, dun “goberno progresista”, cun “proxecto de futuro para Galicia, algo que agora se bota en falta”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...