InicioLugo e contornaLugoO PP denuncia que o catamarán rescatado do Miño leva "días deteriorándose,...

O PP denuncia que o catamarán rescatado do Miño leva “días deteriorándose, aínda máis, ao aire libre”

O Partido Popular de Lugo denunciou este sábado que o catamarán rescatado do fondo do río Miño, que se afundiu á altura da ponte das Saamasas (Lugo) na noite do 19 ao 20 de decembro, "leva días deteriorándose, aínda máis, ao aire libre".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular de Lugo denunciou este sábado que o catamarán rescatado do fondo do río Miño, que se afundiu á altura da ponte das Saamasas na noite do 19 ao 20 de decembro, “leva días deteriorándose, aínda máis, ao aire libre”.

Segundo o PP, o barco está agora varado en terra sobre o remolque no que foi trasladado ao recinto de Begonte, no que a Deputación Provincial ten dúas naves nas que “non colle” o transporte.

O deputado popular Óscar Poy xa incidiu durante o pleno do pasado 31 de decembro no feito de que non haxa un espazo para o catamarán, Pelegrín I. Así, recalcou que “a isto se lle chama previsión”, como a que fixo que o barco “pasase dous anos no río sen apenas mantemento, sen ningún uso e acabase afundindo”.

No pleno, o representante tamén sinalou que “haberá que ver onde o deixan cando a empresa que se encargou do traslado decida que xa é hora de recuperar o remolque” sobre o que se atopa o catamarán.

Por último, o deputado considera que o barco afundido é “unha clara mostra de como entende a xestión do diñeiro público” o goberno do PSOE-BNG en Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...