InicioPolíticaO coordinador de Ciudadanos deixa o partido pola "carga de traballo" que...

O coordinador de Ciudadanos deixa o partido pola “carga de traballo” que esixe o cargo

A renuncia de Jacobo Vázquez como coordinador da formación en Lugo prodúcese medio ano despois de que a concelleira lucense Olga Louzao renunciase á portavocía do partido a nivel autonómico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O coordinador da agrupación de Ciudadanos en Lugo, Jacobo Vázquez, deixou este sábado o posto e o partido debido á “carga de traballo e responsabilidade que esixe”.

Diso informan a Europa Press fontes da formación laranxa, que indican tamén que a renuncia se materializou a través dunha carta na que explicaba que non podía “compatibilizar” o cargo coa súa profesión como avogado.

Vázquez, quen fora candidato á Alcaldía de Lugo en 2007 polo partido galeguista Terra Galega, ingresou en Ciudadanos en maio de 2018. Entón, explicou a Europa Press que se decidiu por este proxecto porque “non é un partido ao uso, quere romper coa política de sempre e facer as cousas dunha maneira distinta”.

A renuncia de Jacobo Vázquez como coordinador da formación en Lugo prodúcese medio ano despois de que a concelleira lucense Olga Louzao renunciase á portavocía do partido a nivel autonómico. Alegou motivos persoais e a súa vontade de centrarse no Concello.

ÚLTIMAS

Sae a subasta por case 800.000 euros o local da centenaria pastelaría Madarro de Lugo

A Sección Civil de Execución do Tribunal de Instancia de Lugo dirixe a poxa...

O BNG pedirá no Congreso melloras no servizo de Correos na comarca de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou novas iniciativas para reclamar ao...

Un matrimonio de avanzada idade falece nun choque entre un camión e un turismo en Antas do Ulla

Dúas persoas, un matrimonio de avanzada idade, faleceron este martes nun accidente de tráfico...

Os gandeiros manteñen a tractorada en Lugo e o BNG denuncia a “competencia desleal” de Mercosur

Os gandeiros de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, concentrados na cidade de Lugo...