InicioLugo e contornaLugoCiudadanos séntese como "única opción decente e de centro" para ter un...

Ciudadanos séntese como “única opción decente e de centro” para ter un deputado por Lugo

No lado oposto, asegurou que "votar ao PSOE é convalidar a política económica de subida de impostos e a política territorial de pactar con independentistas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cabeza de lista de Ciudadanos ao Congreso por Lugo, José Manuel Blanco, reivindicouse como “única opción decente e de centro” da provincia e manifestou que o partido aspira a conseguir un deputado por esta circunscrición.

Así o expresou Blanco durante a presentación da súa candidatura nun acto celebrado este sábado no salón do céntrico hotel Méndez Núñez. Alí, interviñeron varios responsables de Ciudadanos a nivel autonómico, como o secretario de Organización en Galicia, Laureano Bermejo.

Neste contexto, o número uno á Cámara Baixa por Lugo esgrimiu que “votar ao PP é indultar ao PP” despois de que “como partido foi condenado por corrupción pola Audiencia Nacional”. “Hai moita xente no PP digna e honorable, pero o PP como partido político, con personalidade xurídica propia, foi condenado por corrupción”, remarcou.

No lado oposto, asegurou que “votar ao PSOE é convalidar a política económica de subida de impostos e a política territorial de pactar con independentistas”.

Cidadáns destaca que a súa lista ao Congreso por Lugo está conformada por un equipo “cohesionado, comprometido e con experiencia”, que ademais se está coordinando “desde hai semanas para traballar arreo antes e despois” das eleccións. Tras José Manuel Blanco, a candidatura inclúe a Francisco Pintado Otero, Carla María Campo Dacal e Vitoria García Vázquez.

Como parte das súas propostas, a cabeza de lista remarcou como “fundamental” traballar en Madrid “para reverter o despoboamento” da provincia, “dinamizar” as políticas de conciliación familiar, “garantir o poder adquisitivo” das pensións e promover “políticas modernas, de centro e liberais” no tecido produtivo.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...