InicioPolíticaO avogado de Besteiro acusa a Pilar de Lara de actuar por...

O avogado de Besteiro acusa a Pilar de Lara de actuar por “vinganza” e pide a súa recusación tras a sanción do CGPJ

De Lara ten ata o 9 de decembro para recorrer ante o Supremo a sanción imposta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O que foi secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pediu a recusación da xuíza Pilar de Lara, instrutora da causa na que está imputado en relación á urbanización do Garañón, no parque Rosalía de Castro.

Así o confirmou o seu avogado Cándido Conde-Pumpido, quen explicou que a petición se fai en base ao artigo 219 da Lei Orgánica do Poder Xudicial e despois de que a maxistrada fose sancionada polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ).

“É evidente que a sanción que lle impuxo a comisión disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial de sete meses e un día, por desatención, atrasos e investigacións prospectivas, é algo que vimos denunciando publicamente desde hai moito tempo, desde que se imputou a Besteiro”, manifestou.

O avogado lembrou que foi o día anterior a que se confirmase a sanción cando a maxistrada “dita un auto”. “É o único que fixo desde que se resolveu a sanción, pechando a investigación e imputando novos delitos a Besteiro que non se imputaban ao principio”, censurou.

Conde-Pumpido ve no fallo unha “vinganza cara aos políticos” que se produce ademais “en período preelectoral”, antes das eleccións xerais do 10 de novembro.

Respecto diso, o avogado explicou que debe ser a xuíza a que admita ou non a recusación aínda que a última palabra é a da Audiencia Provincial de Lugo. Ademais, tendo en conta unha recusación formulada con anterioridade, calcula que poida estar resolta en “torno aos dous ou tres meses”.

RECURSO

A xuíza Pilar de Lara ten de prazo ata o próximo 9 de decembro para recorrer ante o Tribunal Supremo a sanción imposta polo CGPJ. Así o confirmou o avogado da xuíza, Agustín Azparren, que precisou que a notificación desta sanción se produciu o pasado martes e, por tanto, o prazo para presentar recurso “seria de dous meses” desde o día seguinte, ata o 9 de decembro.

A defensa de Pilar de Lara lembrou que nese recurso de casación sería no que se pediría a medida cautelar de suspensión da execución da sanción, para evitar a perda de destino ata que se resolva.

Azparren precisou que a súa intención é “esgotar” o prazo de dous meses. “O normal é esgotalo”, subliñou, á vez que aclarou que se se pide suspensión de execución do castigo isto podería resolverse a principios do ano que vén, “estariamos a falar de xaneiro”, finalizou.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...