InicioPolíticaO exdirixente do BNG Fernando Blanco presentará unha reclamación de responsabilidade patrimonial...

O exdirixente do BNG Fernando Blanco presentará unha reclamación de responsabilidade patrimonial tras a sanción á xuíza De Lara

Apartouse da vida política en 2012 tras a súa imputación nunha peza separada da 'Operación Campión', sobreseída en 2018.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A representación legal do exdirixente do BNG Fernando Blanco, que se apartou da vida política en 2012 tras a súa imputación nunha peza separada da ‘Operación Campión’, sobreseída en 2018, presentará unha reclamación de responsabilidade patrimonial tras confirmar o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) a sanción a Pilar de Lara por dilacións en instrucións como esta.

Así o confirmouo avogado Xoán Antón Pérez Lema, quen explicou que en “próximos días” presentará esta reclamación ante o Ministerio de Xustiza polo “funcionamento anormal da Xustiza” ao haber “causas imputables á Administración”.

En relación á cuantificación dos “danos morais e materiais”, o avogado comentou que están pendentes de estimar xa que, por unha banda, están as facturas dos servizos xurídicos desde “principios do 2014”.

En canto ao dano moral, apuntou que se refire á continuación dun procedemento “que o obrigou a apartarse da carreira política e do protagonismo social”. “Hai un dano moral grave”, abundou.

“Cando os funcionarios se equivocan e provocan dano aos cidadáns hai que reclamalo á Administración do Estado”, insistiu o avogado de Fernando Blanco, quen concretou que se pasan seis meses sen ningún tipo de resolución nin resposta do Ministerio de Xustiza, recorrerán á vía do “Contencioso da Audiencia Nacional”, segundo o estipulado na lei.

Pérez Lema lembrou que a peza separada da ‘Campión’ contra Blanco, que instruíu Pilar de Lara, abriuse en 2012 e ata o 31 de outubro de 2018 –mediante auto notificado o 8 de novembro do ano pasado– non se decretou o sobresemento da peza contra o seu cliente.

FISCALÍA

No entanto, neste proceso o avogado non sinalou unicamente á maxistrada De Lara, senón que lamentou que a Fiscalía de Lugo non emitiu “ningún informe” desde “o ano 2012” ata 2018. “Non houbo intento de resolver este asunto”, criticou.

A xuíza De Lara non é a única responsable, é a principal nun 85%, pero o Ministerio Fiscal estivo todo o tempo como parte personada e, nin informou favorablemente, nin solicitou o sobresemento”, expuxo o avogado, que apunta a unha “grave neglixencia” da Xustiza.

Con todo, admitiu que a tramitación “vai para longo” porque “o Ministerio de Xustiza non adoita acoller este tipo de reclamación”. “E teremos que ir á vía xudicial”, avanzou para concluír que confía en que “se resolverá isto favorablemente”.

Pilar de Lara solicitará a suspensión cautelar da sanción do Poder Xudicial

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...