InicioPolíticaA repetición das eleccións xerais influirá nos partidos de Lugo

A repetición das eleccións xerais influirá nos partidos de Lugo

O BNG cambiará a súa candidata o 10N , mentres que no PSdeG non se prevén grandes modificacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A actual vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, descartou para volver encabezar a lista do BNG ao Congreso por esta provincia, mentres que o presidente da institución provincial, o socialista José Tomé, asegurou que na súa formación política non haberá moitos cambios en relación coa anterior candidatura.

“Non vou repetir. Hai persoas suficientemente capacitadas no BNG. A miña responsabilidade na Deputación e no Concello -onde exerce como edil de Cultura-, absorbe todo o meu tempo e a miña enerxía”, recoñeceu Ferreiro.

En canto ao seu posible substituto, lembrou que a elección de candidatos é “un proceso asembleario” no BNG “que aínda non comezou”.

PSdeG

Nas anteriores eleccións xerais, o Partido Socialista obtivo dúas deputadas pola provincia de Lugo, Ana Prieto e Sonsoles López Izquierdo, polo que Tomé asegurou que, de cara a esta nova convocatoria, “posiblemente a cousa non varíe moito”, aínda que é unha decisión que recae “na comisión federal de listas”.

Ao seu xuízo, “o Partido Socialista vai facer o mellor para gobernar este país. Está en condicións de gañar as eleccións” e vainas “a gañar”, porque “os cidadáns tomaron nota de quen bloqueou a formación de goberno, tanto pola esquerda como pola dereita”. Desde o seu punto de vista, o que sucedeu é “unha tolemia” e os cidadáns “veno”.

Segundo Tomé, as sondaxes “dan ben” para o Partido Socialista, os cidadáns “van responder” nas eleccións do 10 de novembro e o PSOE vai obter un bo resultado, que permita gobernar este país”, sen necesidade de depender “dos nacionalistas cataláns”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...