InicioLugo e contornaO PP de Lugo quere un "compromiso" de transparencia e acceso...

O PP de Lugo quere un “compromiso” de transparencia e acceso á información pública

Os populares suxiren a constitución dun Comité de Participación Cidadá e de Calidade de servizos nos que se convide a representantes veciñais para "fiscalizar os acordos" aos que se cheguen.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os populares de Lugo reclaman ao goberno local “un compromiso” para mellorar en índices de transparencia e acceso á información pública, xa que aseguran que a cidade é “a capital de provincia galega menos transparente” e que “incumpre os indicadores de plataformas internacionais”.

Segundo o PP de Lugo, os datos da entidade Dyntra revelan “a necesidade de que o goberno se centre e traballe con intensidade” para sacar a Lugo do posto 37 das 50 capitais de provincia analizadas con menos transparencia de España.

Ademais, segundo informou o grupo nun comunicado este domingo, a cidade incumpre 81 dos 162 indicadores que Dyntra analizou para avaliar a planificación, organización e o grao de compromiso coa cidadanía, entre outros.

“Aquí sobran boas palabras” e necesítase “vontade política”, sentenciou o PP, que insta ao á administración local a “crear unha orde” en materia de transparencia e un “novo órgano de participación directa” que celebre reunións mensuais abertas aos cidadáns.

En concreto, os populares suxiren a constitución dun Comité de Participación Cidadá e de Calidade de servizos nos que se convide a representantes veciñais para “fiscalizar os acordos” aos que se cheguen.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O PSdeG de Rábade critica os orzamentos de 2026 por non teren “proxecto político”

O Grupo Municipal Socialista de Rábade votou en contra da aprobación inicial dos orzamentos...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...