InicioLugo e contornaA Deputación de Lugo convoca un pleno extraordinario para disolver Suplusa

A Deputación de Lugo convoca un pleno extraordinario para disolver Suplusa

O organismo provincial comunicou, a través dunha nota de prensa, que a convocatoria se produciu despois de que tivesen lugar as comisións informativas de asuntos do pleno e de economía, recadación, facenda e especial de contas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei, convocou este venres o pleno extraordinario no que se acordará a disolución da Sociedade Urbanística Provincial (Suplusa) para o vindeiro xoves, día 12, ás 11,00 horas.

O organismo provincial comunicou, a través dunha nota de prensa, que a convocatoria se produciu despois de que tivesen lugar as comisións informativas de asuntos do pleno e de economía, recadación, facenda e especial de contas.

Ademais da extinción da sociedade mercantil, no pleno trataranse dous temas económicos. Por unha banda, a aprobación dun Plan Económico Financeiro (PEF) que a institución debe aplicar por superar, no exercicio de 2018, a regra de teito de gasto (o límite anual de investimentos establecido para as administracións públicas).

Tamén terá lugar a aprobación dun expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para o pago de seis facturas de subministración de materiais para a granxa Gayoso Castro, por un importe de case 75.000 euros.

ÚLTIMAS

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...

María Reigosa rompe co PSOE no seu primeiro pleno tras a renuncia e vota co PP para esixir melloras nun barrio de Lugo

A edil do Concello de Lugo María Reigosa desmarcouse do Grupo Municipal Socialista e...

Rebaixan a pena dun agresor sexual de 27 a 3 anos ao pagarlle 150.000 euros á vítima

A Audiencia provincial de Lugo pechou este xoves o caso dun home acusado de...

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...