InicioPolíticaO PP de Xermade denuncia "presións" aos veciños para que cedan terreos...

O PP de Xermade denuncia “presións” aos veciños para que cedan terreos para mellorar unha estrada

O cura de Momán invoca a Deus para que mande un "arquitecto ou un aparellador" que arranxe a vía provincial LU-P-2204.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP de Xermade  lamentou este domingo que o goberno local do concello lucense “pida aos titulares dos terreos lindantes coa estrada LU-P-2204 que comunica Momán e As Pontes a cesión gratuíta dos terreos” así como a firma do compromiso de que non reclamarán polos danos causados, “co obxectivo de acelerar o proceso das obras de mellora desta estrada de titularidade provincial”.

O portavoz dos populares, Antonio Riveira, condenou “esta presión” aos veciños “para que cedan terreos particulares para un ben público” que desde o goberno local socialista xustifican dicindo que “é para beneficio dos veciños que usan esta vía”.

O PP asegurou que o tramo no que se pretenden executar as obras na seguinte fase vese afectado pola lexislación de montes veciñais en man común, que regula a cesión voluntaria e gratuíta do monte e que “impide a súa cesión en casos de beneficio non só da comunidade propietaria, senón para toda a comunidade de usuarios”. Por tanto, “a petición de cesión dos terreos choca coa lexislación vixente”, sentenciou.

MISA PARA O ARRANXO

Este mesmo domingo, o cura de Momán, no municipio de Xermade, Luís Rodríguez, oficiou unha misa para “ver se invocando a Deus, a ver se el ten algún arquitecto que o mande ou algún aparellador” que poida pór freo á deterioración que sofre a estrada LU-P-2204.

“Eu teño esa fe en que Deus nos poida mandar a alguén ou influír na cabeza de alguén”, manifestou o cura, á vez que lamenta que a Deputación de Lugo, titular da vía, non cumpra as súas “promesas” e que dita estrada “que está orzada siga igual, segue feita un desastre”, lamentou.

ÚLTIMAS

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...

Catro detidos na desarticulación dunha rede de venda de drogas na provincia de Lugo

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada á distribución de estupefacientes na provincia de...

Unha muller morta e cinco persoas afectadas tras un incendio nunha vivenda en Pas de Reis

Unha muller de 51 anos perdeu a vida e outra cinco persoas resultaron afectadas,...