InicioPolíticaControlar o acceso de tráfico ao centro mediante cámaras: "insuficiente" a ollos...

Controlar o acceso de tráfico ao centro mediante cámaras: “insuficiente” a ollos do PP

Antonio Ameijide celebra esta medida, pero cre que se debería traballar tamén no regulamento da actividade de reparto, por exemplo, para reducir a "presenza masiva" de vehículos de transporte. Pide máis zonas de carga e descarga.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local anunciou hai uns días un novo sistema para controlar o acceso de tráfico ao casco histórico: empregaranse cámaras lectoras de matrículas. Porén, dende o Partido Popular municipal ven nesta medida un simple “parche” que “non solucionará o problema real” que hai no centro da cidade.

O concelleiro popular Antonio Ameijide cre que as cámaras lectoras de matrículas son unha “boa medida”, pero —á parte de levar un ano metida nun caixón, di— é “insuficiente”. Aféalle ao Concello a súa “falta” de ambición e di que “están moi equivocados” se pensan que basta con cumprir o acordo plenario, tomado a iniciativa do PP, no que se pedía substituír os bolardos por estoutro método. “Hai que ser ambiciosos e mirar o conxunto do casco histórico en global e non só un problema en concreto”, afirmou Ameijide.

Antonio Ameijide considera que esta medida debería complementarse con moitas outras para solucionar o caos de tráfico e para non deixar un “coador” en varias zonas peonís. Di, por exemplo, que haberá moitos puntos do casco histórico que quedarán sen control, como os accesos a pé dende Bispo Aguirre, a Rúa Nova con Montevideo, ou os casos das rúas San Froilán e Amor Meilán. “Se queremos potenciar as zonas peonís e limitar o acceso do tráfico rodado a estas zonas, hai que facer un programa completo”, sentenciou.

ÁREAS DE CARGA E DESCARGA

Refírese, en concreto, á necesidade de implantar un plan de circulación consensuado coa veciñanza e comerciantes para eliminar o “malestar” que provoca a presenza masiva de vehículos de transporte. Cómpre “regular mellor a actividade de reparto”, propón Ameijide, quizais habilitando máis espazos de carga e descarga. 

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...