InicioPolíticaA Deputación renova a flota de vehículos do seu Parque Móbil

A Deputación renova a flota de vehículos do seu Parque Móbil

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación dos traballos de desbroce nas vías provincias do Incio, Triacastela e Samos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres a adxudicación do subministro de doce vehículos para o Parque Móbil. Trátase de nove turismos e tres ‘todocamiños’ que renovarán unha flota xa “obsoleta”, con vehículos de máis de 10 anos e algúns con máis de 300.000 quilómetros. O prezo total superaría os 200.000€, pero a empresa aboará preto de 19.000€ á entidade provincial pola entrega de doce coches usados. Así pois, o investimento final será de case 181.800 euros.

Segundo explicou a voceira socialista na Deputación, Pilar García Porto, o obxectivo é ofrecer “un servizo máis eficiente e de calidade á cidadanía”, posto que estes vehículos van destinados aos traballos de vixilancia e mantemento da rede provincial. Estas novas incorporacións súmanse aos outros cinco coches adquiridos este ano, neste caso eléctricos.

DESBROCES

Outra cuestión que se tratou na Xunta de Goberno deste venres foi a adxudicación do lote de desbroces correspondente ás estradas provinciais do Incio, Triacastela e Samos. A compañía que acometerá os traballos é Excavaciones Goni SL e o importe ascende a 71.123€ para as dúas anualidades que abrangue o contrato.

Así, a día de hoxe, quedarían tres lotes por adxudicar: Mondoñedo e Abadín (porque falta concluír o proceso de contratación); e Negueira de Muñiz, Navia de Suarna, Bóveda, A Pobra do Brollón e Monforte de Lemos (por un atraso no procedemento, logo de renunciar a empresa adxudicataria).

REMANENTES PLAN ÚNICO

Por outra banda, quedou aprobada a solicitude dos concellos de Baleira, Friol, Ourol e Xermade de destinar a novas obras os remanantes resultantes tras adxudicar as actuacións financiadas co Plan Único 2018. O conxunto do remanente alcanza os 90.000 €.

En Baleira empregarán ese diñeiro para mellorar o vial entre San Román e Retizós; en Friol repararase o pavimento no camiño de acceso a Guldriz de Arriba. Á súa vez, no Ourol construiranse badéns redutores de velocidade en Merille e faranse labores de mantemento nos accesos de Burgás, Cernado, Ourol e Pousadoiro-Folgoso. Por último, o concello de Xermade aproveitará para substituír equipos de alumeado.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...