InicioPolíticaTomé cre que o PSOE provincial é un partido "reforzado" tras as...

Tomé cre que o PSOE provincial é un partido “reforzado” tras as primarias

"Eu creo que non vai haber repetición de eleccións" a nivel estatal, pensa o presidente da Deputación. O próximo reto é o das autonómicas, di.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da deputación de Lugo, José Tomé, asegurou este martes que o PSOE provincial saíu “reforzado” tras o congreso do fin de semana que coroou na Secretaría Xeral á deputada autonómica Patricia Otero.

Tomé, que resultou nomeado presidente do partido, non ten ningunha dúbida de que a formación “sae unida e preparada para traballar de cara ao próximo proceso electoral, que se todo sae segundo o previsto serán as autonómicas do ano que vén, se non se adiantan”. “Ese é o traballo que temos que facer agora, con este equipo cohesionado que vai liderar a secretaria provincial. Todos temos que estar detrás dela apoiándoa”, subliñou.

Agora ben, o principal obxectivo que se marcan os socialistas de Lugo é contribuír “a que haxa un cambio de goberno en Galicia” que posibilite que Gonzalo Caballero sexa o próximo presidente da Xunta. Iso tamén levará canda si cambios positivos para Lugo, pensa.

Interpelado sobre a posibilidade de que se teñan que enfrontar antes a outras eleccións cunha repetición das xerais en novembro, Tomé ten claro que iso non vai pasar. “Eu espero que non, eu creo que non vai haber eleccións. Creo que vai haber finalmente goberno”, aventurou finalmente.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...

Sometido a información pública o proxecto de trazado para mellorar a seguridade no Camiño do Norte

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o trámite de información pública para o...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...