InicioPolíticaA Deputación reitera que non pode asumir o custo de máis residencias...

A Deputación reitera que non pode asumir o custo de máis residencias de maiores

Maite Ferreiro pide que sexa a Xunta quen se faga cargo da construción de novos centros porque, en caso contrario, o ente provincial "quedaría sen orzamento"

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, asegurou que a institución provincial tentará “respectar” os acordos que xa foron asinados acerca das residencias da terceira idade, pero tamén deixou claro que non pode seguir construíndo e asumindo os gastos de funcionamento de máis centros, porque consumirían todo o seu orzamento.

“O BNG sempre tivo unha postura política. Cremos que é a Xunta de Galicia a que ten que asumir o custo das residencias, porque loxicamente a Deputación non pode facelo e os concellos tampouco”, dixo Ferreiro. Por iso, asegurou que o novo goberno bipartito tentará “respectar os acordos que hai tomados”, pero ao mesmo tempo dixo que se traballará para que “no futuro sexa a Xunta a que asuma esas responsabilidades”.

De feito, dixo que “é sabido que se a mesma Deputación tivese que asumir o custo de todas as residencias, quedaría sen orzamento”. “Unha de dúas, ou queremos disolver directamente a Deputación ao asumir ese gasto tan importante; ou que a Xunta asuma a súa responsabilidade, que é a atención ás persoas da terceira idade”, resolveu.

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...

Lugo estreará “As rúas do vento ceibe”, proxecto musical con máis de 300 voces arredor de poemas de Manuel María

O Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo acollerá o vindeiro 15 de maio o...