InicioLugo e contornaO BNG reafírmase no seu criterio de facilitar gobernos alternativos ao PP

O BNG reafírmase no seu criterio de facilitar gobernos alternativos ao PP

Seguindo esta premisa, o Bloque recalcou que a Deputación de Lugo "non será ningunha excepción" a este criterio e, previsiblemente, apoiará a investidura do candidato do PSOE.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG reafirmouse este luns na súa postura de non permitir a formación de gobernos do Partido Popular, polo que recalcou que a Deputación de Lugo “non será ningunha excepción” a este criterio e, previsiblemente, apoiará a investidura do candidato do PSOE.

Deste xeito responde a coordinadora de Polícia Municipal do Bloque, Eva Vilaverde, ao escrito remitido polos populares de Lugo no que solicitaban que lles deixasen gobernar o ente provincial por ser a primeira forza.

Con todo, a través dun comunicado, o BNG asevera que “nin por activa nin por pasiva” permitirá que goberne o PP “en ningún concello ou deputación provincial cando exista unha opción alternativa, sempre en clave de país e de progreso”.

E é que, tal e como asegura Vilaverde, o proxecto político dos nacionalistas para as corporacións provinciais “está nas antípodas do que propugna o PP”, cuxo modelo “é o que pon en práctica en Ourense”, evidencia.

En calquera caso, o BNG convida aos populares a “colaborar para sacar adiante” na Deputación de Lugo “todas aquelas cuestións que redunden en beneficio da veciñanza e dos concellos de toda a provincia”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...