InicioPolíticaA primeira xunta de goberno local en Lugo arrinca con "moita ilusión"

A primeira xunta de goberno local en Lugo arrinca con “moita ilusión”

O Concello estréase coa autorización para unha obra dun campamento turístico con cinco cabanas no Veral

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno local do Concello de Lugo quedou constituída este xoves con cinco edís do PSOE e tres do BNG, no marco do bipartito que estará á fronte do Consistorio esta lexislatura.

Nunha rolda de prensa conxunta na sala de novas tecnoloxías, o portavoz do PSOE no Concello de Lugo, Miguel Fernández, e o primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Rubén Arroxo, destacaron as “boas formas” do novo executivo.

Pola súa banda, este venres, 5 de xullo, celebrarase o pleno de organización -a partir das 10,00 horas- para fixar que os plenos sexan os xoves, tamén ás 10,00 horas. Así mesmo, as comisións de goberno mantéñense os mércores.

“Comeza un novo período no cal este goberno de coalición vai buscar o mellor para Lugo. Hai unha gran vontade e unha gran ilusión tanto por parte do PSOE como do BNG. Anunciamos un novo período, hoxe foi basicamente unha xunta de goberno de constitución para aprobar os temas que viñan de atrás”, explicou Rubén Arroxo.

Por parte dos socialistas, Miguel Fernández concretou que “o primeiro punto foi dar por constituída a xunta de goberno”, mentres no segundo punto aprobáronse un total de dez licencias urbanísticas. Entre elas, o Concello autoriza un campamento turístico con cinco cabanas, que se vai a instalar na parroquia de Veral.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...