InicioPolíticaJosé Tomé gaña músculo para presidir a Deputación de Lugo

José Tomé gaña músculo para presidir a Deputación de Lugo

Cargos socialistas entregan firmas a prol do alcalde de Monforte para a Presidencia da Deputación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Distintos cargos do PSOE nos diferentes partidos xudiciais de Lugo presentaron este martes na sede provincial da formación firmas a favor de que o alcalde de Monforte, José Tomé, sexa o candidato a presidir a Deputación lucense.

En concreto, ademais do propio rexedor Monfortino, acudiron o alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández; o de Xermade, Roberto García Pernas; o Pedrafita, José Luís Raposo; o de Castroverde, José María Arias; os deputados provinciais en funcións Pablo Rivera e Pilar García Porto, así como a ex-alcaldesa do Incio, Laura Celeiro.

A proposta de Tomé foi apoiada por 17 dos 22 concelleiros preguntados na Fonsagrada; 18 de 25 en Chantada; 22 de 33 edís en Monforte; e 64 de 86 en Lugo. Unhas cifras que reflectirían a perda de apoio interno do xa exsecretario provincial Álvaro Santos.

Álvaro Santos apoia para a presidencia da Deputación de Lugo a candidatura do actual titular do ente, Darío Campos. Con todo, para este cargo tamén se postulou o rexedor de Monforte, José Tomé, quen á súa vez era o vicesecretario xeral da executiva provincial que encabezaba Santos.

Máis información en Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...