InicioPolíticaO PSOE cede ás presións do BNG e invisten alcalde da Fonsagrada...

O PSOE cede ás presións do BNG e invisten alcalde da Fonsagrada o número dous dos socialistas

Os nacionalistas mantiveron fime o seu veto sobre quen fora rexedor nos últimos 12 anos, Argelio Fernández.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número dous da lista do PSOE, Carlos López, foi finalmente investido alcalde do municipio lucense da Fonsagrada, ao manter o BNG o seu veto sobre quen fora rexedor nos últimos 12 anos, Argelio Fernández.

O Bloque, que ten un único edil na Fonsagrada, puxera como condición para apoiar a investidura dun candidato socialista que non fose Argelio Fernández. Así, este tivo que dar un paso atrás para evitar a abstención do BNG e que se impuxese a lista do PP, que foi a máis votada, aínda que empatada a cinco concelleiros co PSOE. De todos os xeitos, Argelio Fernández, que é vicepresidente en funcións da Deputación de Lugo, mantense como concelleiro.

Tras o pleno, o novo alcalde, Carlos López, agradeceu o apoio do BNG na investidura. “Máis adiante iremos falando se é posible un pacto de goberno”, indicou. “Imos coller uns meses para avaliar a situación e non cabe descartar absolutamente nada”, agregou.

Pola súa banda, o alcalde saínte recoñeceu que as negociacións co BNG “foron de moita tensión”. “A última hora puidemos chegar a un acordo. Imos traballar en positivo pola Fonsagrada, como fixemos nos últimos anos, procurando que todo o mundo se implique en todas as cousas importantes do concello”, afirmou.

Acerca de quen o releva á fronte do bastón de mando, predixo que con el haberá “catro anos moi bos, catro anos de progreso”.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...