InicioLugo e contornaLugoLara Méndez: "Quero crear un modelo de cidade que sexa un orgullo...

Lara Méndez: “Quero crear un modelo de cidade que sexa un orgullo para os lucenses”

PUBLICADA O

- Advertisement -

É a única muller alcaldesa dunha das sete grandes cidades galegas e aspira repetir mandato cun modelo de cidade que pretende facer de Lugo o “Vancouver verde” de España para que os e as lucenses “estean orgullosas de ser de Lugo”. Un modelo, di, “que xa o está copiando a oposición” e no que recoñece o traballo de Orozco na primeira gran transformación da cidade.

Nunha entrevista no GC, segura que non ten problemas en tenderlle a man a outros partidos da esquerda para gobernar xuntos, como xa fixo na anterior lexislatura con BNG e Lugonovo, “que rexeitaron entón esa man”. O que ten claro é con quen non pactaría nin sentaría nunca a falar: Vox “Iso xa o fai o PP e Ciudadanos”, asegura.

Como nai lamenta que o traballo absorvente no concello lle impida conciliar e poder estar máis coa súa filla. “O pouco tempo que teño adícollo a ela pero eu non concilio”, asegura. “É un prezo duro que temos que pagar os que queremos, como é o meu caso, favorecer, precisamente, a conciliación de papás e mamás”. Podes ler toda a entrevista en Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...