InicioLugo e contornaDe quen é a herdanza política de Fraga; do PP ou de...

De quen é a herdanza política de Fraga; do PP ou de Cs?

PUBLICADA O

- Advertisement -

Manuel Fraga segue moi presente nesta campaña electoral. O presidente da Xunta e do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, criticou duramente este venres a Ciudadano, por absterse no pleno municipal celebrado en Ferrol (A Coruña) no que Ferrol en Común, PSOE e BNG votaron a favor de retirar a distinción ao expresidente Manuel Fraga de Fillo Adoptivo, que lle foi concedida durante a ditadura, no ano 1965.

A través da súa conta de Twitter, Feijóo tachou de “lamentable” a decisión de Cs, lembrando que é “o mesmo partido que nesta campaña tentou reivindicar a Fraga como propio”.

Na mesma publicación, colgou unha información cunha foto na que se ve ao candidato de Cs de Lugo, José Manuel Blanco, á beira do busto dedicado a Fraga en Vilalba, erixindo ao partido laranxa como “verdadeiros herdeiros do falecido presidente da Xunta”. Feijóo conclúe que “despois se estrañarán de que os galegos non confíen neles e teñan cero escanos no mesmo @Par_Gal onde Fraga tivo maiorías absolutas”.

A publicación xa recibiu a réplica do candidato de Cs en Lugo, que saíu ao paso da crítica en Twitter. En galego responde “Sr. Núñez, Feijóo, moi orgulloso de defender que Fraga non admitiría a súa xestión en Galicia. Vostede nunca veu ao Courel como presidente e di defender o rural? Esta é a súa Galicia, Galicia, Galicia!!”.

Acompaña a publicación cun vídeo no que se sae sentado, acompañando a unha veciña da zona que pide unha estrada e que se queixa de “que antes había máis servizos e cada vez vaise a peor”. Entre as súas frases, intercala vídeos de Feijóo nun acto como candidato no que comprometía un “proxecto estable”. “Esta é a Galicia, Galicia, Galicia”, conclúe o representante de Cs.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...