InicioOpiniónDía 39 de corentena: o teletraballo

Día 39 de corentena: o teletraballo

Por que non se adoptou antes nos casos nos que era posible? Penso que pola desconfianza no traballador ou nos cidadáns: "se non o vexo, igual non traballa"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ana Belén Fernández |En certo modo debería estar satisfeita porque desde o 2008, o 80% do meu traballo fágoo desde a casa ou desde un portátil. Nunca o imaxinei cando rematei de estudar. Co confinamento por mor do coronavirus, os días para mín cambiaron fóra, dentro non necesariamente, só que agora estás todo o tempo e o espazo achícase.

Por que non se primou o teletraballo, nos casos nos que era posible? Penso que é polo que sempre se dixo da falta de produtividade de España. Funciona por horarios nos postos de traballo e non por obxectivos ou produtividade, aínda que supoño que se non o fas ben vas para fóra. Para mín o fondo diso era a desconfianza no traballador ou nos cidadáns; “se non o vexo é que igual non traballa”. Co Covid-19 isto igual pasa a ser “cultura” do pasado. E así igual se acababa un dito habitual: “prefiro traballar fóra por non aturar á muller ou ao home todo o día”.

Podes ler o artigo completo de Ana Belén Fernández no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...